En Grupo Cuevas achegamos o noso granito de area ao aforro e a eficiencia enerxética, poñendo en marcha as medidas establecidas polo novo Real Decreto Lei 14/2022, do 1 de agosto, que regula a temperatura da climatización, o sistema de peche de portas ou o apagado da iluminación en escaparates, entre outras.
A partir do 10 de agosto, nos nosos centros de traballo de Ignacio das Covas fixarase a temperatura do aire nos recintos refrixerados non inferior a 25º. Excepción adoptada tras valorar dous aspectos fundamentais da nosa actividade, que son as condicións ambientais dos lugares de traballo e a seguridade alimentaria dos produtos á venda.
Para evitar o malgasto enerxético, os edificios e locais con acceso desde a rúa dispoñerán dun sistema de peche de portas adecuado, evitando as perdas de enerxía ao exterior; e deberán manter apagado a iluminación de rótulos e escaparates a partir das 22:00h.
Ver cartel