Guía da compra (FAQ)
Están o IVE os portes incluídos nos prezos?
Si, todos os prezos que aparecen na nosa tenda inclúen o IVE correspondente.
Como calculo o prezo do transporte?
O noso sistema calcula automaticamente o prezo do transporte do seu envío en función do peso bruto e do lugar de destino. Non se aplicará a recarga da tarifa de envío a España (Península e Baleares) en pedidos cuxo importe sexa igual ou superior a 50 euros. Non servimos pedidos a apartados de correos.
Está limitado o número de produtos que podo comprar?
O peso máximo a transportar por vulto será de 40 Kg. Para pedidos de peso superior, por favor, contacte con nós en atencionalcliente@marronglace.com
Podo comprar para regalar a un amigo que se atope noutro lugar a través desta tenda en liña?
Vostede pode realizar a compra nesta tenda en liña e indicarnos onde quere que lle enviemos o seu paquete. Desta forma poderá regalar os nosos produtos a quen vostede desexe dun modo rápido e seguro.
Cal é a dispoñibilidade dos produtos?
Todos os produtos na nosa tenda están dispoñibles, a menos que se indiquen como “non dispoñible” na ficha do produto. Nese caso, por favor contacte con nós en atencionalcliente@marronglace.com e informarémolo cando o produto desexado volva estar dispoñible. Teña en conta que, dada a súa natureza artesá, moitos dos nosos produtos teñen unha produción limitada. No caso de que se esgotasen as existencias dun produto no momento de realizar o seu pedido e non puidésemos actualizar esta información na tenda, contactaremos inmediatamente con vostede para propoñerlle un produto similar ou devolverlle a cantidade correspondente.
Desde onde se envían os nosos produtos?
Todos os nosos produtos envíanse desde a nosa fábrica situada no Polígono Industrial San Cibrao das Viñas, Ourense
Podo especificar unha hora de entrega?
Non. Por iso recomendamos indicar un enderezo onde se atope alguén que poida recibir o pedido. Un número de teléfono móbil tamén é imprescindible para que poida contactar con vostede a empresa de mensaxería no caso de que non estivese localizable no enderezo indicado.
Que sucede se estou ausente no momento da entrega do meu pedido?
En caso que o transportista intentase entregarlle o paquete e non houbese ninguén para recibilo, deixaralle unha nota facendo constar o intento de entrega. Por favor, contacte co mensaxeiro canto antes a través do número de teléfono que atopará na nota, co fin de acordar unha nova entrega.
Se nesta segunda entrega non houbese ninguén para recibilo, deixaralle unha nota de novo facendo constancia do segundo intento de entrega. A partir de entón, o seu pedido permanecerá na oficina da empresa de mensaxería durante 15 días. Despois de transcorrer estes días, o seu pedido será devolto ao noso almacén.
Para calquera consulta ou posible incidencia lembre que estamos á súa disposición en atencionalcliente@marronglace.com
Que ocorre se un produto chegou deteriorado?
Se un ou máis produtos chegaron deteriorados por mor do transporte, enviarémoslle un produto/s novo/s ou devolverémoslle o importe correspondente no número de conta que nos designe para os efectos. Cuevas y Cía., SA correrá con todos os gastos de transporte extra que poidan orixinarse, sempre que o produto non fose utilizado, alterado ou manipulado.
Para iso, rogámoslle contacte co noso departamento de atención ao cliente no enderezo atencionalcliente@marronglace.com, nun prazo máximo de 15 días naturais desde a recepción do pedido, indicándonos claramente cal é o problema ou a razón da devolución e achegue unha fotografía do produto deteriorado. Por favor, teña presente que para que poidamos tramitar calquera cambio ou devolución é imprescindible que previamente contacte con nós. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución, se previamente non recibimos notificación.
Se no momento de recepción do seu paquete, observa danos na embalaxe exterior, rogamos NON ACEPTE O ENVÍO.
Neste caso, é imprescindible que lle indique á axencia do transporte o motivo do rexeitamento, que o faga constar no albará de entrega e que contacte co noso departamento de atención ao cliente de Cuevas y Cía., SA atencionalcliente@marronglace.com para solucionar inmediatamente a incidencia.
Que ocorre se o contido do paquete é incorrecto?
Se un ou máis produtos recibidos non se corresponden co seu pedido, enviarémoslle os produtos correctos ou devolverémoslle o importe correspondente no número de conta que nos designe para os efectos. Cuevas y Cía., SA correrá con todos os gastos de transporte extra que poidan orixinarse, sempre que o produto non fose utilizado, alterado ou manipulado.
Para iso, rogámoslle contacte co noso departamento de atención ao cliente no enderezo atencionalcliente@marronglace.com, nun prazo máximo de 15 días naturais desde a recepción do pedido, indicándonos claramente cal é o problema ou a razón da devolución e achegue unha fotografía do produto deteriorado. Por favor, teña presente que para que poidamos tramitar calquera cambio ou devolución é imprescindible que previamente contacte con nós. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución se previamente non recibimos a notificación.
Admítense devolucións?
Rogámoslle lea detidamente as cláusulas 6 e 12 da sección “Condicións de Compra”
Podo cancelar o meu pedido?
Sí. Si. Se o seu pedido aínda non foi enviado, reintegrarémoslle o seu importe total. En calquera caso, por favor contacte con nós en atencionalcliente@marronglace.com
É seguro o pago con tarxeta?
O pago realízase a través dos servizos de PayPal e pasarela de pagos Cecabank, que utilizan sistemas de seguridade que lle garanten que a transmisión dos seus datos se realiza de forma cifrada para que non sexa posible interceptar esa comunicación. Para ampliar a información pode consultar a web de PayPal e Cecabank.
Como podo contactar con Cuevas y Cía. S.A.?
A mellor maneira é por correo electrónico en: atencionalcliente@marronglace.com ou info@marronglace.com.