Axudas e proxectos financiados
Proxecto de mellora tecnolóxica do proceso produtivo e da xestión de datos.

Proxecto de melloras tecnolóxicas do proceso produtivo e da xestión de datos na industria de manipulación, procesado e envasado de castañas.

Proxecto de melloras tecnolóxicas do proceso produtivo e da xestión de datos na industria de manipulación, procesado e envasado de castañas.

CONECTA PEME 2018 NEUROFOOD
Proxecto de I+D cuxo obxectivo fundamental é o deseño de novos alimentos funcionais orientados a promover un correcto desenvolvemento neurocognitivo no público en xeral e complementos alimenticios capaces de inducir beneficios en casos patolóxicos.
A nutrición, do mesmo xeito que outros factores ambientais, condiciona o desenvolvemento cerebral e o crecemento do individuo. Deste xeito, determinados nutrientes (os ácidos graxos insaturados, as vitaminas D e B12 ou o ferro) son fundamentais para un correcto desenvolvemento neurocognitivo, tanto en nenos como adultos. A castaña e algunhas especies de fungos comestibles son fonte natural dalgúns destes nutrientes, polo que poden ser interesantes para o deseño de novos produtos alimenticios orientados a promover un correcto desenvolvemento neurocognitivo no público en xeral.
Proxecto subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e desenvolto co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Orzamento: Hifas da Terra, SL (310 303,29 €); Cuevas y Cía., SA e Algamar.
Subvención aprobada: Hifas da Terra, SL (186 181.97 €); Cuevas y Cía., SA e Algamar.
Proxecto colaborativo: Hifas da Terra, Cuevas y Cía., SA; Algamar, a Fundación Foltra; Anfaco-Cecopesca; o Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Conclúese a 1.ª fase do proxecto de I+D Neurofood n.º IN852A2018/58 no que participa Cuevas y Compañía, SA con outras empresas e centros galegos.
O proxecto de I+D Neurofood ten como obxectivo o desenvolvemento de novos alimentos funcionais e complementos nutricionais orientados ao desenvolvemento cognitivo aplicando sinerxías entre diferentes especies de cogomelos coa castaña galega.
Durante a primeira fase do proxecto, Cuevas y Compañía, SA desenvolveu produtos que teñen como base a castaña e extractos de cogomelos proporcionados por Hifas da Terra achegando antioxidantes como ergotioneina e neurotransmisores como o ácido gamma aminobutírico (GABA). Estas moléculas poden contribuír ao funcionamento normal do sistema nervioso.
Cuevas y Compañía, SA desenvolveu 30 formulacións con diferentes ingredientes, nestes momentos están a avaliarse nas formulacións o contido de gaba e ergotioneina, características sensoriais, estabilidade no tempo e demais procesos de produción para poder avanzar na formulación do produto.
Unha vez o prototipo/matriz alimentaria estea aprobado, comezarase coa segunda fase, que consistirá en testar o produto desde a Fundación Foltra mediante a realización dun ensaio clínico no que se avaliará o impacto dos alimentos funcionais en individuos sans.
Ao finalizar este proxecto, Cuevas y Compañía, SA espera lanzar ao mercado unha gama de alimentos funcionais derivados desta investigación.