O 25 de maio Cuevas e Cía recibiu unha das súas primeiras visitas despois de moito tempo. Os alumnos do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do CIFP Fragas do Eume foron guiados por Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, que lles estivo explicando todo o desenvolvemento do proceso da elaboración da castaña en caldo de azucre. Nesta explicación, puideron comprobar a imprescindible unión do toque artesanal coa alta tecnoloxía, necesaria para unha perfecta creación coidadosa de cada produto.
Na sección de envoltorio e empaquetado puideron comprobar este traballo tan laborioso, onde presenciaron a etapa final da elaboración do noso Marrón Glacé.
Ver imaxe