Cuevas e Cía participa de forma activa na campaña “Na túa despensa, ou mellor de Galicia” impulsada por Clusaga e que se está desenvolvendo ao longo de toda esta semana no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Unha das actividades estrela tivo lugar no día de onte. Un showcooking na aula Gastrocultural do Mercado no que a castaña e as súas diferentes versións da liña Cuevas Chef foron as auténticas protagonistas.
Durante esta sesión gastronómica, presentada por Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, o chef Pablo Vila, presidente da asociación de cociñeiros de Lugo, foi o encargado de crear un espectáculo de cheiros e sabores, que namorou o padal dos máis esixentes.
O público, composto por profesionais, tivo a oportunidade de ver aplicados a distintos pratos os diferentes produtos de Cuevas Chef, así como coñecer, da man de Rocío Cid, as características e moitas das posibles aplicacións que esta gama ofrece. Entre as receitas elaboradas, destacaron o arroz con castañas ao natural, huevas de tobiko e bacallau ou a exquisita torta de queixo con puré de castañas e anaquiños de castaña en caldo de azucre.

Ver imaxe

Ver reportaxe