O martes 28 de novembro, na sede central de Grupo Cuevas, recibimos á Delegación da Comisión de Mercados, Internacionalización e Competitividade da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA).
Unha visita enfocada nunha das cuestións máis importantes para Grupo Cuevas: o interese no apoio e a dinamización do produto local. Durante o encontro, púxose en común a relevancia de facer chegar e transmitir aos consumidores todo o que hai detrás dos produtos galegos: a calidade, a proximidade e marcas que garanten o esperado dun bo produto local.
Esta reunión tamén contribuíu para aproveitar as sinerxias que xorden entre as empresas distribuidoras de alimentación, como Grupo Cuevas, e as marcas galegas, como as que forman parte do Clúster Alimentario de Galicia.
Entre os asistentes acompañáronnos grandes empresas como Café Candeas, Torre de Núñez, Granbazán, Berete, Vacún de Galicia, Lence ou Cuevas Marron Glacé. Percorreron nosa punteira plataforma loxística, onde puideron comprobar in situ o minucioso e coordinado traballo de loxística que supón preparar os pedidos que abastecen a diario a toda a nosa rede de establecementos e clientes.
A xornada finalizou no noso establecemento Cuevas Cash San Cibrao, onde os membros da Delegación comprobaron os tipos de presentación de produto que dispoñemos nos nosos centros e como conseguimos cubrir as necesidades de cada perfil de cliente nun mesmo punto de venda.
Ver imaxe