O pasado 7 de marzo, e a través da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia con apoio do Igape, Cuevas e Cía celebrou diferentes reunións con importadores de Estados Unidos, México e Canadá.
Este encontro permitiu a Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía. explorar novas oportunidades de negocio dunha forma innovadora, xa que nesta ocasión foron os propios importadores quen seleccionou ás empresas segundo os seus intereses, facilitando contactos estratéxicos con alto potencial de crecemento.
Durante os encontros mantidos fortaleceuse a relación cun cliente actual, presentándolle unha ampliación de variedade para a campaña de Nadal; conectamos cun importante importador de Miami interesado en ampliar a súa oferta gourmet para a canle profesional e retomamos o contacto cun antigo cliente que se interesou en reavivar a colaboración.
Ver imaxe