Continuamos reafirmando o noso compromiso coa excelencia e a seguridade alimentaria un ano máis. Cuevas e Cía revalida a certificación IFS (International Featured Standards) tras unha auditoría que recolle a mellora continua nos nosos procesos e estándares e para a que contamos co apoio de Sonia, consultora en Ingade. Esta certificación cualifícanos como fabricante e distribuidor de alta calidade, e demostra o cumprimento dos máis altos estándares en alimentos procesados ante os nosos clientes internacionais. Cumpre, ademais, cos máis esixentes requisitos en materia de hixiene, rastrexabilidade, control de calidade e respecto ás especificacións dos nosos clientes. Con esta certificación, Cuevas e Cía non só reafirma o seu liderado na comercialización do marron glasé e outros produtos derivados da castaña, senón que tamén se posiciona como unha empresa comprometida coa mellora continua e a sustentabilidade na industria alimentaria. Parabén equipo!
Ver imaxe