Durante os días 26, 27 e 28 de xaneiro, parte do equipo de Cuevas e Cía presentouse na 24ª edición da feira gastronómica Madrid Fusión. Desde a caseta da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Cuevas e Cía tivo a oportunidade de dar a coñecer a ampla gama de produtos da liña de marron glacé, así como as últimas novidades na familia, como a crema de castaña ou os anacos de marron glacé.
Estes tres días foron sen dúbida unhas xornadas moi interesantes cheas de visitas e reunións con chefs, estudantes de cociña e amantes da castaña, que gozaron das degustacións de produtos da liña Cuevas Chef, onde a recente incorporación: o queixo de cabra con marron glacé, levou gran parte do protagonismo converténdose no favorito de moitos dos visitantes.
Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, tamén recibiu visitas moi especiais como a de Martín @Alemparte, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria; María José Gómez, Conselleira de Medio Rural na Xunta de Galicia; ou Alejandro Paadín, organizador de eventos gastronómicos, cos que intercambiou impresións sobre o valor gastronómico da castaña e a súa aplicación na alta cociña, así como a evolución do sector e as novas propostas de marca.
Ver imaxe
