O pasado mércores, Cuevas e Cía recibiu a visita de Martin Alemparte Vidal, director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL). Durante a visita, acompañáronlle Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, e Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía. A través das instalacións da nave, Martín puido coñecer en primeira persoa o proceso de transformación da nosa Alma de Bosque no exquisito Marron Glacé. Unha visita que pon en valor a nosa dedicación á calidade e ao coidado en cada detalle do noso traballo.
Ver imaxe