Parte do equipo de Cuevas e Cía desprazouse ata o IFEMA a pasada semana, para reunirse con clientes namorados das castañas de Galicia, recibir grandes amigos da marca e, por suposto, dar a coñecer todas as novidades do noso catálogo de produtos. Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, e Ariana Álvarez, comercial da firma non pararon nos últimos días de xaneiro, tratando de aproveitar ao máximo esta experiencia na capital, onde a clave atópase na fusión entre a innovación e a tradición.
Para mostra, o noso queixo de cabra con marron glacé, sen dúbida foi un dos produtos estrela da feira. Así nolo fixeron saber os que se achegaron ata a nosa caseta! Sen esquecernos doutra boa maridaxe, o resultante de conectar aos grandes cociñeiros coa nosa liña Cuevas Chef.
O noso equipo chegou a Madrid Fusión 2025 cos deberes feitos e os nosos novos formatos especiais para hostalería, que os profesionais nos viñan demandando hai tempo, e que tamén foron un éxito.
Unha vez máis, a alma de Bosque de Galicia conquistou os padais máis esixentes!
Ver imaxe