O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través dos estudos realizados polo Servizo de Información Empresarial ARDÁN, recoñeceu a dúas das empresas que conforman Grupo Cuevas con catro indicadores na súa edición 2022.
Ignacio de las Cuevas recibiu o indicador EC GR, como empresa que realiza a xestión da súa actividade baixo estándares e indicadores de economía circular. E revalida dous indicadores que xa obtivera na anterior edición: GR empresa xeradora de riqueza polos seus índices de crecemento nos últimos 10 anos e o indicador IG como empresa que presenta altos valores de igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral.
Pola súa banda, Frunatur, a empresa do grupo dedicada á distribución de froitas e hortalizas frescas, obtén por primeira vez o indicador EC, como empresa que realiza a xestión da súa actividade baixo estándares e indicadores de economía circular.
Ver imaxe