Cope entrevistou o pasado xoves a Maite González, de Cuevas y Cía. Durante o encontro comentouse a situación actual da campaña de castaña, e a principal causa dos danos na produción deste ano: a seca e os incendios. A pesar deste problema, a calidade da campaña non se verá afectada.
Tamén se falou sobre o produto Marrón Glacé, que xa se pode atopar en 4 continentes e en 25 países, entre os que destaca o crecemento de Brasil e México e o afianzamento en Xapón.
Se queres escoitar a entrevista completa, podes facelo a través da seguinte ligazón a partir do minuto 2:40.
Ver imaxe