Grupo Cuevas alcanza a undécima edición do Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”. O obxectivo deste certame é promover o uso da castaña en todo tipo de cociñas. Tanto nas receitas máis tradicionais como naqueles pratos máis experimentais ou innovadores. A castaña foi un froito básico de moitas dietas polo que, a través deste concurso preténdese reivindicar e redescubrir o papel que desempeña na cociña actual.
No seu firme propósito por adquirir uns hábitos de vida e de alimentación saudable, Grupo Cuevas impulsa esta iniciativa culinaria que convoca a cociñeiras e cociñeiros para que nos mostren as súas propostas gastronómicas nas que fagan a súa propia interpretación da castaña.
Un prato tradicional ou de vangarda esperta cun acompañante como unha guarnición de castañas, ameixas, piñóns e cogomelos. Que o obxectivo é darlle un toque especial ao xeado de vainilla que se vai a servir á sobremesa? Engadir unhas castañas en caldo de azucre ou unha crema de Marron Glacé poñerá sen dúbida o toque diferenciador. A castaña pode levar os pratos a un novo nivel e o Concurso Gourmet de Grupo Cuevas é o espazo ideal para presentar todas estas propostas.
Durante o Salón Gastronómico poderemos descubrir?receitas?de participantes que?fan da cociña o seu modo de vida e que están habituados a traballar entre fogóns. Gozaremos, seguro, de pratos caseiros, de receitas innovadores e, por que non, de propostas experimentais e pioneiras. O límite está na imaxinación dos nosos participantes.
A aula Gastronómica Grupo Cuevas convértese nun espazo no que experimentar, degustar e tamén no que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón Grupo Cuevas nesta edición de Xantar no que terán lugar diferentes showcookings, degustacións, talleres e conferencias que propoñerán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña atlántico-galega desde diferentes ópticas e enfoques. Nesta aula desenvolveranse tamén os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado do XI Concurso Gourmet Grupo Cuevas.
O gañador desta edición levará un premio en forma de vale de compra que poderá trocar nos centros cash and carry, Cuevas Cash ou na rede de supermercados Plenus e Aquié de Grupo Cuevas.
A aula Gastronómica de Grupo Cuevas sitúase nos accesos ao salón cun lugar preferente, xunto á entrada principal, que permite máis extensión e máis espazo para gozar das actividades programadas.
Por último, este ano a nosa castaña de Cuevas e Cía tamén formará parte da proposta gastronómica do restaurante do INORDE, que dará ese toque diferenciador aos pratos que poderemos degustar nesta edición.
Para coñecer todo o programa de actividades que se desenvolverán durante as xornadas do Salón Gastronómico, fai click na seguinte ligazón:
Ver imaxe

Programa de actividades