Ábrese o prazo para participar no XI Concurso Gourmet Grupo Cuevas!
Coa colaboración de EXPOURENSE, empezamos un ano máis cun dos concursos gourmet máis esperados da feira XANTAR, o Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 2 e o 5 de novembro en Ourense.
O XI Concurso Gourmet Grupo Cuevas centra as súas bases na historia da identidade de Grupo Cuevas, buscando sempre as mellores sinerxias entre a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento e a solidez.
O concurso ten como principal obxectivo promover a cociña autóctona, centrándose especialmente na castaña como produto estrela nos pratos que saiban recoller a tradición e a innovación da gastronomía galega.
Nesta edición decidimos dar un xiro ao concurso, sendo unha única categoría na que pode participar calquera persoa interesada, de forma individual ou en grupo (cun máximo de tres participantes). O único requisito para a receita é a utilización de polo menos un produto de Cuevas e Cía.
Se xa tes algunha idea en mente… Non a deixes escapar! Podes enviala ata o 26 de outubro ás 13:30h.
Ver imaxe