Durante a xornada de onte, Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, asistiu a un encontro das Industrias da Transformación Agroalimentaria, na Coruña. Esta mesa redonda tiña como temática principal a Transformación Alimentaria en Galicia, onde Cuevas e Cía é empresa referente.
Rocío Cid puido explicar que Cuevas e Cía é unha empresa que leva traballando cun produto moi especial en Galicia, a castaña, desde hai 80 anos, exportándoa de forma internacional a decenas de países. Ademais, grazas aos investimentos en maquinaria de confeitado, envasado, etiquetaxe e para a xestión de residuos, puideron favorecer e impulsar o traballo artesanal na elaboración do Marron Glacé, como no proceso do pelado.
Ver imaxe