Rocío Cid, xerente de Cuevas y Cía, participou onte en clausura do programa Galicia Avanza, a aceleradora de pemes na súa internacionalización co que a Axencia Galega de Innovación traballou durante esta terceira edición.
Cuevas e Cía asistía a este foro como exemplo de empresa galega que baseou o seu crecemento na innovación e tamén na internacionalización dos seus produtos. Rocío foi a encargada de presentar a innovadora historia da empresa, que xa nos anos 80, e desafiando aos criterios conservadores do mercado, presentaba no noso país un produto descoñecido: o sorprendente Marron Glacé.
No seu relato atopamos o que hoxe se consolida como unha historia de éxito e que serviu de inspiración para aquelas pequenas e medianas empresas que agora se atopan no camiño da internacionalización.
A castaña, un auténtico produto con alma, está tan arraigada na nosa historia que é difícil non contar con algunha vivencia persoal que esperte as emocións, como a historia que a propia Rocío Cid compartía esta mañá, na que describía os bonitos recordos que alberga colleitando castañas de nena coa súa avoa. Para ela é especialmente emocionantes que ese produto polo que tanto amor procesaba converteuse na súa carreira profesional.
E é que cando un está convencido da valía e calidade do produto co que traballa, o proxecto non pode parar de crecer. Comprometerse coa castaña é comprometerse co rural, é implicarse na súa posta en valor, formando parte da IXP Castaña de Galicia, e, en definitiva, traballar sen descanso para dala a coñecer.
Ver imaxe