Innovar tamén significa cruzar fronteiras e compartir coñecemento, e por este motivo, onte, Rocío Cid Díaz, xerente de Cuevas e Cía, participou nunha xornada de Net4Food celebrada en Bragança, Portugal. Concretamente nunha mesa redonda que reuniu a empresas e agrupacións industriais de España e Portugal para reflexionar sobre o presente e o futuro do sector agroalimentario ibérico, especialmente na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
Nesta xornada tivemos a fortuna de compartir espazo e intercambio de ideas con Helena Jamardo, da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia; Deolinda Silva, da agrupación industrial PortugalFoods; Elisabete Ferreira, de Pão de Gimonde; Filipe Centeo, de Proenol; Carolina Dias, de Casa Mendes Gonçalves, Pedro Babo, de LandraTech e Iván García Besada, de Néboda Farms, nun encontro centrado na innovación, a sustentabilidade e as novas tendencias que están a transformar a nosa forma de producir e consumir alimentos.
Esta nova cita con Net4Food continúa o camiño iniciado hai uns meses, cando participamos no encontro celebrado no Campus de Ourense, onde empresas e investigadores compartimos ideas e experiencias para construír unha alimentación máis saudable, sostible e conectada co coñecemento científico.
En Cuevas e Cía cremos que a mellor maneira de avanzar é facelo xuntos, colaborando e aprendendo con quen comparte a nosa visión de futuro para o sector alimentario.
Ver imaxe
