VISITAMOS GASTRÓNOMIKA EN SAN SABASTIÁN
Por primeira vez, Cuevas e Cía participou en San Sebastián Gastronómika, un dos congresos culinarios máis prestixiosos do mundo. Rocío Cid, xerente da empresa, representou á marca na caseta de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria), desde onde tivo a oportunidade de dar a coñecer a gama Cuevas Chef fronte chefs, expertos e profesionais do sector gastronómico.
A presenza dos nosos produtos espertou un gran interese, especialmente entre quen busca novas propostas para a alta cociña. O delicado marron glacé non pasou desapercibido e foi toda unha sorpresa para moitos. Pero, o que realmente chamou a atención foron nosas referencias de guarnición de castañas, castaña en caldo de azucre e castaña ao natural.
Unha experiencia enriquecedora na que tradición, innovación e excelencia uníronse para seguir consolidando o valor dos nosos produtos no ámbito gourmet e abrir novas oportunidades na cociña de autor.
Ver imaxe
