Un ano máis, Cuevas e Cía revalida a certificación IFS (International Featured Standards), un recoñecemento que consolida o firme compromiso coa calidade e a seguridade alimentaria en todos os procesos produtivos.
A renovación deste certificado foi posible tras superar unha exhaustiva auditoría que puxo de manifesto a mellora continua nos procesos e estándares da empresa.
Un selo de garantía para clientes internacionais
A certificación IFS cualifica a Cuevas e Cía como fabricante e distribuidor de alta calidade, avalando ante os clientes internacionais o cumprimento dos máis altos estándares en alimentos procesados. Así mesmo, garante o cumprimento dos requisitos máis esixentes en materia de hixiene, rastrexabilidade, control de calidade e respecto ás especificacións particulares de cada cliente.
Liderazgo e compromiso coa sustentabilidade
Con esta nova revalidación, non só reafirmamos a nosa posición de liderado na comercialización do marron glacé e outros produtos derivados da castaña, senón que tamén nos consolidamos como unha empresa comprometida coa mellora continua e a sustentabilidade dentro da industria alimentaria.
Estamos moi orgullosos de todo o equipo polo esforzo e a dedicación que fixo posible este logro, un recoñecemento que reflicte o traballo conxunto de todas as áreas.
Ver imaxe