A XVI edición do concurso «Cociña con Castaña de Galicia», celebrado en Cambre e organizado pola IXP Castaña de Galicia, contou entre os seus membros do xurado coa participación de Rocío Cid, xerente de Cuevas y Cía.
O xurado reuniu distintas perspectivas profesionais do sector gastronómico, contando tamén con varias profesoras de Hostalaría e unha blogueira especializada. Durante a xornada, as avaliadoras tiveron a oportunidade de probar diversas propostas culinarias que demostraron a alta calidade, técnica e versatilidade dun dos produtos máis representativos da terra galega.
Receitas gañadoras da edición:
Categoría Salgada: Rodrigo Díaz, con «Crema de castañas e cogomelos».Categoría Doce: Joana Mariño, con «Bombón de puré de castaña afumado».Estudantes de Hostalaría: Luciana Aparecida Bernardo, con «Empanada doce de castañas e mazás».
Ademais de valorar os pratos, Rocío Cid foi a encargada de entregar os galardóns e de responder ás preguntas das persoas asistentes sobre a castaña e a elaboración de produtos en Cuevas y Cía, achegando un valioso labor divulgativo ao evento.
Desde Grupo Cuevas felicitamos a todas as persoas gañadoras e participantes, celebrando iniciativas que contribúen a impulsar, divulgar e poñer en valor o produto galego.
Ver imaxe
