Asistimos do 5 ao 7 de outubro en San Sebastián Gastronomika, un dos encontros de referencia do sector, celebrado no Palacio de Congresos Kursaal. Durante as xornadas, presentámola a liña Cuevas Chef, os produtos elaborados con castaña e as diferentes solucións que ofrecemos á gastronomía profesional.
A feira foi unha oportunidade para compartir experiencias con profesionais do sector, intercambiar ideas e explorar novas oportunidades de colaboración, dando a coñecer a versatilidade dos nosos produtos e todas as súas posibilidades nas cociñas profesionais.
Asistindo ao evento, reafirmamos a nosa aposta pola innovación e o desenvolvemento de novas propostas para a gastronomía, e agradecemos moito a visita de todos os que se pasaron pola nosa caseta e mostraron interese polo marron glacé e outros dos nosos produtos.
Ver imaxe