Un ano máis, Grupo Cuevas anuncia unha nova edición do Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”.
O obxectivo deste certame é promover o uso da castaña en todo tipo de cociñas, tanto nas receitas máis tradicionais como naqueles pratos máis experimentais ou innovadores. A castaña foi un froito básico de moitas dietas polo que, a través deste concurso preténdese reivindicar e redescubrir o papel que desempeña na cociña actual.
Establécense dúas categorías nas que poderán inscribirse todos os interesados. Os seleccionados como finalistas, terán que executar a súa receita #ante o xurado durante o salón Xantar nas datas seleccionadas:
– CATEGORÍA SENIOR: Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos, profesionais ou afeccionados á cociña. A participación pode ser a título individual ou representando a unha asociación, escola ou colectivo. Así mesmo, a participación, pode ser individual ou en grupo (máximo tres persoas por candidatura). 
– CATEGORÍA JUNIOR: Poderán participar nenos de entre 9 e 14 anos afeccionados á cociña. Poderá estar acompañados dun adulto durante o showcooking se resultan seleccionados como finalistas. 
Os participantes interesados poderán presentar a súa solicitude ata as 13.30 horas do mércores 12 de novembro.
Ver imaxe

Ampliar informacion