Cuevas e Cía participou hai uns días en Tutto Food Milano 2026, unha das plataformas internacionais máis relevantes para o negocio agroalimentario, que reúne en Milán a empresas, distribuidores e profesionais do sector de todo o mundo.
A nosa presenza nesta feira, dentro da caseta de Galicia de Agacal, forma parte da estratexia de internacionalización de Grupo Cuevas, en liña coa nosa participación habitual en grandes citas do sector como Gourmets ou Alimentaria.
Durante a feira, Rocío Cid Díaz, xerente de Cuevas Marron Glacé, estivo a presentar o Marron Glacé ourensán, produto estrela de Cuevas e Cía, que actualmente exportamos a máis de 30 países e conta con certificación internacional IFS de calidade.
Ademais, esta edición foi unha gran oportunidade para dar a coñecer outras referencias da nosa carta, como a crema de castaña, recentemente incorporada e cunha excelente acollida entre distribuidores, pastelerías industriais e tendas gourmet.
Participar en Tutto Food Milano 2026permítenos abrir novas conversacións, explorar oportunidades comerciais e proxectar ao mundo unha proposta agroalimentaria con orixe galega, vocación internacional e unha firme aposta pola calidade.
