Ingredientes: Fariña, Sal, Azucre, Aceite de xirasol, Auga, Ovella galega, Puré de castaña Cuevas Chef, Allo, Albáfega, Kimchee base, Boletus, Xamón, Pementos de Padrón, Cebola, Cenoria, Allo porro, Mostaza, Pementa, Manteiga e Nata.
Elaboración: Elaboramos a masa do baozi e deixamos repousar ata que levede. Preparamos a baixa temperatura en bolsa sen carga un guiso de ovella galega e desmigamos. Elaboramosun sofrito que levamos posteriormente a afumar durante 6 horas. Integramos coa ovella. Preparamos un sofrito de boletus ao que incorporamos puré de castaña, mostaza, pementa, nata e kimchee. Trituramos todo e enchemos o baozi, que posteriormente cocemos ao vapor. Deixamos repousar e fritimos. Finalizamos empratando e salseando o baozi, que terminamos con po de xamón e pemento de Padrón.
Para esta receita necesitas: Puré de castaña Cuevas Chef
Prato elaborado por Jesús Recouso e Manuel Teijeiro (finalistas do XII Concurso Gourmet Grupo Cuevas).
