ALTA COCIÑA
O imprescindible dos mellores fogóns do mundo
As creacións culinarias máis selectas. As maridaxes máis inesperadas. A exaltación do sabor do noso froito máis consentido: a castaña. Hoxe incorporada xa ás cartas dos mellores lugares de degustación e experiencias de sabor de todo o mundo.
Grazas ao bo facer de mestres cociñeiros que recuperaron o lugar que a castaña ocupaba nas dietas dos nosos antepasados e con novas interpretacións e aplicacións que non deixan de sorprendernos.
Se es profesional, propoñémosche aquí algunhas delicias elaboradas por mans expertas.