ALTA COCIÑA

Sopa de polo con castañas e cenoria

Preparamos un bo caldo de polo coas súas carcasas e uns vexetais. Coamos e engadimos uns dados de polo, toros de cenoria e unhas castañas peladas, deixamos cocer 20 minutos. Poñemos a punto de sal e acompañamos de perexil e láminas de castañas.

Suxestión: podemos engadir castañas cocidas de Cuevas Chef, ao final da cocción e así evitamos o difícil traballo de pelalas.

Para esta receita necesitas as castañas ao natural de Cuevas Horeca.

Prato elaborado por Javier González (Restaurante A Rexidora).