ALTA COCIÑA

Xarrete estufado ao mencía con sabores do bosque

Jarrete estofado al mencía

Estufamos un xarrete ao modo tradicional dourándoo previamente en aceite e logo engadindo as verduras cortadas. Engadimos unha cantidade xenerosa de viño mencía que deixaremos evaporar totalmente. Cubriremos de caldo ata a metade da carne e deixaremos estufar lentamente 2 horas.

Cando a carne estea tenra apartámola e coamos a salsa á que lle engadiremos a guarnición Cuevas Chef, é dicir, unha selección de produtos do bosque (castañas, piñóns, cirolas e cogomelos) que lle darán á salsa un sabor moi especial e serán o acompañamento ideal da carne.

Para esta receita necesitas a guarnición de castañas con cogomelos, cirolas e piñóns de Cuevas Chef.

Prato elaborado por Javier González (Restaurante A Rexidora).