ALTA COCIÑA

Crêpe con plátano e crema de marron glacé.

Crepe con plátano y crema de marron glacé

Empezamos cortando o plátano á metade e cadrámolo. Estendemos unha crêpe, untándoa xenerosamente de crema de marron glacé.

Colocamos os 2 anacos de plátano encima e enrolámola. Cortamos as puntas e tamén á metade, e obtemos 2 porcións. Engadimos azucre glas e caramelizamos ao gusto.

Suxestión: á preparación das crêpes podemos engadirlle un pouco de reladura de laranxa e unhas pingas de ron para conseguir un sabor máis persoal.

Para esta receita necesitas a crema de marron glacé de Cuevas Chef.

Prato elaborado por Javier González (Restaurante A Rexidora).